16.01.2017

Catro ouros e sete novos clasificados ao Nada e Corre para a Escola Javi Gómez Noya

Nada e Corre CarballoExitosa xornada de competición para a Escola Javi Gómez Noya no Nada e Corre de Carballo. En total, o botín da base ferrolá estivo formado por catro medallas de ouro e sete novos clasificados para a final autonómica.

Coa seguridade de ter conseguido a súa praza xa en Ortigueira, a benxamín Rebeca Teijeiro, a alevín Aida Fernández e os infantís Roi Dopico e Carmen Jiménez gañaron nas súas categorías despois de sumar os tempos natación e carreira.

A maiores, os benxamíns David Garrote e Ana Jiménez, os alevíns Pablo Zárate e Mario Torrente, o infantil Marcos Gómez e os cadetes Jorge Morado e Jesús Rodríguez confirmaron os seus billetes para a final galega de Nada e Corre.

En total, serán 17 os canteiráns do Triatlón Ferrol que compitan entre os mellores de toda Galicia.

Deja tu comentario