11.12.2016

Sete medallas para a Escola Javi Gómez Noya no Nada e Corre de Ortigueira e 10 Clasificados

A primeira cita do Nada e Corre rematou para a Escola Javi Gómez Noya con tres medallas de ouro, unha prata e tres bronces. A base do Triatlón Ferrol amosou que non só era a escola máis representada, ao contar con 45 deportistas en Ortigueira, senón que conseguiu clasificar a dez triatletas para a Final Galega cos primeiro postos da benxamín Rebeca Teijeiro e os alevíns Aida Fernández e Roi Dopico, o subcampionato da infantil Carmen Jiménez, os bronces do benxamín David Portela e os alevíns Inés Gómez e Julio Pedre, ademais dos cuartos postos dos benxamíns David Garrote e Sabela Caneiro e o alevín Alejandro Rodríguez. O próximo clasificatorio zonal do Nada e Corre no que estará a Escola Javi Gómez Noya será o 15 de xaneiro en Carballo. Fotos Clasificacións

Deja tu comentario