09.10.2016

Camila Alonso faise co Gran Premio Cofidis

melinaUnha brillante Camila Alonso levouse o Gran Premio Cofidis con máis de 30 segundos sobre as súas perseguidoras.
A ferrolá marcou o mellor parcial a pé, só empatada a un tempo de 15:57 nos 5 km finais pero cunha mellor natación que a súa rival. Co triunfo, Camila Alonso faise con 6.000 euros que poderá empregar para viaxar a Corea do Sur e competir a fin de mes na Copa do Mundo de Tongyeong.
Do resto de compoñentes do Triatlón Ferrol, Melina Alonso rematou quinta despois de nadar á par da súa irmá pero correr algo máis lenta, iso si, co valor engadido de ter competido horas antes no relevo por parellas que gañou o club.
Tamén dobrando xornada, Ana Carvajal foi a mellor junior e undécima da xeral. Mentres, Sara Guerrero foi descualificada por non ter parado na área de penalización. A naronesa, antes da segunda transición, baixou da bicicleta despois da liña de desmontaxe para evitar chocar cunha opoñente que tiña caído. Ao non cumprir a sanción coa correspondente parada na área de penalización, aínda que Guerrero cruzou a meta oitava, finalmente o seu esforzo non tivo recompensa.

Deja tu comentario