25.09.2016

O Triatlón Ferrol, campión de España por clubs de Primeira División con 6 triatletas no top-10

campioas-de-espana-de-primeira-divisionO Triatlón Ferrol fíxose hoxe en Xixón co título por clubs máis complicado dos que forman a Liga de Primeira División dado que non só contan as estrelas senón que se debe contar cun amplo equipo. Por iso hoxe o conxunto ferrolán foi o mellor no campionato de España por clubs, porque se meteron no top-10 Camila Alonso, campioa da proba sen discusión, Melina Alonso, subcampioa, Carmen Gómez e Inés Santiago, cuarta e quinta respectivamente, Sara Guerrero, sendo oitava, e Ana Carvajal, en décima posición. Pero a maiores, a sub-23 Paula Herrero foi 40ª de entre case 150 participantes, a cadete Raquel Ruiz volveu tras lesión para axudar o equipo coa súa 57ª posición e a tamén cadete Emma Romeo pechou a puntuación do Triatlón Ferrol cun 82º lugar que se definiu clave porque ningunha triatleta quedou fóra de tempo. Así, cunha diferenza de menos de 50 puntos, o Triatlón Ferrol superou ás segundas clasificadas aínda que o Diablillos de Rivas contase cunha décima triatleta a puntuar, claro reflexo do nivel do club departamental. Terceiro equipo galego en Promoción Décimos da xeral e como terceiro mellor club galego de Promoción, o Triatlón Ferrol masculino conseguiu meter os seus dez triatletas nun esixente tempo de corte marcado polo internacional Uxío Abuín. Os canteiráns Marcos Ruiz, sétimo, e Iván Puentes, undécimo, foron os mellores a nivel individual. Fotos

Deja tu comentario