18.09.2016

Inés Santiago, campioa do mundo de relevos junior-sub23

ines santiagoA ferrolá Inés Santiago, despois de lograr unha cuarta posición no Mundial junior, foi seleccionada para formar parte do relevo mixto español para categorías junior e sub-23. A canteirá do Triatlón Ferrol iniciou o relevo e apertou para ceder o testemuño en segunda posición. Sempre manténdose no top-10, o relevo español remontou para gañar co último relevista, David Castro. Así é como a triatleta de Ferrol se colgou a medalla de ouro do mundial.

Deja tu comentario