11.09.2016

O Triatlón Ferrol proclámase campión galego de tríatlon por relevos

emma-romeo-melina-alonso-marcos-ruiz-e-ivan-puentesO Triatlón Ferrol convertiuse no mellor equipo galego de relevos no campionato celebrado este domingo en Viveiro. O relevo comezou con Melina Alonso escapándose na proba e dando paso ao cadete Iván Puentes que aguantou as posicións pese a perder un valioso tempo na auga ao equivocarse de boia nun circuíto confuso. Na terceira posta, unha convalecente Emma Romeo demostrou un compromiso máximo co equipo para render a un gran nivel pese a pasar a noite en Urxencias por unha infección. Así entregou o testemuño a Marcos Ruiz que pelexou co último relevista do Arcade de Santiago, rodando xuntos na bici até que o junior do Triatlón Ferrol sufriu unha picada e perdeu case un minuto na última volta de ciclismo. Pese a iso, o triatleta fenés puido remontar a pé e cruzar a meta en primeiro lugar cunha marxe mínima de menos de 10 segundos. O campionato galego de tríatlon por relevos mixtos consistiu en completar un minitríatlon cada triatleta –250 m de natación, 8 km de ciclismo e 1.500 m de carreira a pé-, dándolle o testemuño ao seguinte compañeiro.

Deja tu comentario