04.09.2016

Ouros para Miriam Casillas e o equipo do Triatlón Ferrol no campionato de España de tríatlon

miriam-casillas-campioaO Triatlón Ferrol coroouse como o mellor club de España de tríatlon olímpico grazas ao triunfo individual de Miriam Casillas e os tempos de Camila Alonso e Sara Guerrero. A pacense Casillas saíu da auga no grupo cabeceiro, nas dúas últimas voltas de bici atacou e reduciu o grupo entre o que xogarse as medallas. A pé, desde a saída da transición, a olímpica do Triatlón Ferrol púxose á fronte e chegou á meta sacándolle máis de dous minutos as súas perseguidoras. Tras dela, rodaban xuntas as ferrolás Camila e Melina Alonso e a naronesa Sara Guerrero. Despois dos 10 km a pé, Camila Alonso acadou a sexta praza do campionato de España e a junior Sara Guerrero, a novena. Cos seus tempos, por unha ampla diferenza, o Triatlón Ferrol alzou o ouro por clubs. Para completar o espectacular equipo, o club ferrolán contou con Melina Alonso, undécima e vixésima a junior Ana Carvajal.

Deja tu comentario