07.08.2016

Bronces para Carmen Gómez e o equipo masculino do Triatlón Ferrol en Arteixo

– O Triatlón Ferbronce-por-clubsrol colgouse dous bronces coa terceira posición conseguidas polo equipo masculino e Carmen Gómez no Tríatlon de Arteixo desta fin de semana. A junior Carmen Gómez seguiulle o nivel en natación á triatleta olímpica Claudia Rivas e á súa propia irmá Bea Gómez, olímpica en natación. Despois de manter a terceira posición no ciclismo, correr en 20 minutos os 5 km finais deulle á deportista do Triatlón Ferrol a medalla de bronce e o billete para o campionato galego. Na competición masculina, Marcos Ruiz foi a referencia do Triatlón Ferrol e, cun dos mellores parciais de bici, cruzou a meta undécimo por detrás de cinco triatletas que competirán nos Xogos Olímpicos de Rio e como o mellor junior. Tras del e clasificándose para o galego, o cadete Iván Puentes, ouro na súa categoría, rematou no top-15 e o junior Pablo Pedrosa foi 23º. Cos seus tempos, aínda enfrontándose a olímpicos e internacionais absolutos, os canteiráns do Triatlón Ferrol acadaron o terceiro posto por clubs. De destacar son tamén os resultados de Basi Seijas -41º-, Dani Santalla – 60º-, Dani Ríos -74º-, Yago Suárez -76º-, Carlos Cándano -79º-, Juanchi González -83º-, Iker Pita -86º-, Manu Pita -99º-, Juan Rejas -110º-, Borja Catrufo -126º-.

Deja tu comentario