01.08.2016

Melina Alonso e Marcos Ruiz, podio no campionato galego de ácuatlon

melinaalonsoOs internacionais do Triatlón Ferrol dominaron o campionato galego de ácuatlon co triunfo indiscutible de Melina Alonso e o bronce de Marcos Ruiz. Mentres que o título da ferrolá Alonso non correu perigo, o podio masculino estivo tan disputado que o fenés Marcos Ruiz quedou a só cinco segundos da medalla de prata. Os éxitos do club departamental completáronse cunha novena posición de Pablo Pedrosa e un top-20 de Basi Seijas. Nas categorías inferiores, a Escola Javi Gómez Noya acadou dúas medallas de ouro coa benxamín Julia Maneiros e o alevín Alejandro Rodríguez, dúas pratas co infantil Jorge Morado e o cadete Iván Puentes e un bronce coa benxamín Rebeca Teijeiro.

Deja tu comentario