24.07.2016

Camila Alonso, Carmen Gómez e Sara Guerrero fan a Galicia campioa de España de tríatlon

equipo-feminino-galicia-1As mulleres do Triatlón Ferrol lideraron a Galicia para facela revalidar o título de campioa de España por seleccións autonómicas. Na competición individual, Camila Alonso gañoulle nos últimos metros de carreira a pé a Carmen Gómez e cruzaron a meta en primeira e segunda posición. Pola súa banda, Sara Guerrero saíu da auga primeira á par de Carmen Gómez, sufriu na primeira volta de carreira pero recuperou sensacións para ser sexta. Cos seus tempos e os da cuarta galega, o equipo feminino do Triatlón Ferrol deulle o triunfo a Galicia. Para gañar o título mixto, a selección galega debía superar o relevo de Cataluña e conseguiuno grazas ao traballo de Carmen Gómez, primeiro, e Camila Alonso, na terceira posta. A participación do club ferrolán pechouse con Ana Carvajal, que foi quinta con Andalucía, e Paula Herrero, 15ª con Asturias.

Deja tu comentario