24.07.2016

Bronce para o Triatlón Ferrol nun Tríatlon do Miño de nivel olímpico

bronce-masculinoO Club Triatlón Ferrol trae un bronce que sabe a ouro polo nivel que houbo en fronte no Tríatlon do Miño-Lugo Patrimonio. O equipo masculino do club ferrolán só foi superado por un Cidade de Lugo Fluvial con dous olímpicos e un Arcade de Santiago cun internacional. Marcos Ruiz mantívose en todo momento no top-10 da proba e rematou oitavo por detrás do líder da selección mexicana Crisanto Grajales, do substituto de Gómez Noya nos Xogos de Rio Vicente Hernández e do tamén olímpico por México Irving Pérez. Completaron o equipo do Triatlón Ferrol que subiu ao podio, Pablo Pedrosa -40º- e José Rey-Seijo -48º. Xunto a eles, facendo valer o tempo do junior Marcos Ruiz, Basi Seijas rematou en 49ª posición, a punto de puntuar para o equipo. Luis Rilo -91º, Pablo Sanjurjo -93º-, Dani Santalla -108º-, Antonio Filgueiras -134º- e Borja Catrufo -135º- cumpriron na proba lucense, da que quedou fóra por molestias físicas ao rematar o ciclismo o ferrolán Manu Pita.

Deja tu comentario