17.07.2016

Bronce para Melina Alonso no campionato de tríatlon mediterráneo

A expedición do Triatlón Ferrol na Copa de Europa de Altafulla e campionato mediterráneo conseguiu como mellor resultado o bronce de Melina Alonso. Cunha espectacular natación, Sara Guerrero e Ana Carvajal lideraron o grupo de internacionais do club ferrolán saíndo cuarta da auga. Pero cedo comezaron a enganchar os pelotóns de cabeza as irmás Alonso. Camila sufriu unha picada que a foi descolgando quilómetro a quilómetro mentres que Melina aguantaba entre as mellores. Mentres, as juniors quedaron lastradas, Sara Guerrero nunha curva perdeu o grupo e tivo que rodar en solitario e Ana Carvajal, nunha subida. Correndo, con outras compañeiras da selección española por tras, Melina Alonso conseguiu cruzar a meta sexta e bronce entre as triatletas de países mediterráneos. Sara Guerrero quedou a un paso do top-10 sendo 11a, Ana Carvajal rematou 16a e Camila Alonso, pese a facer o mellor parcial a pé entre as súas compañeiras de club, finalizou 18a debido aos problemas mecánicos no sector de bici.

Deja tu comentario