10.07.2016

Catro medallas para a Escola Javi Gómez Noya na previa do campionato galego de menores

A Escola Javi Gómez Noya amosou en Ferrol que ademais de cantidade conta cunha canteira de calidade. Con case 40 triatletas, a base do Triatlón Ferrol foi a máis representada e, a maiores, colgouse catro medallas cos bronces do cadete Dani Ríos, os alevíns Alejandro Rodríguez e Carlota Teijeiro e a prata da súa irmá benxamín Rebeca Teijeiro. A un paso do podio quedaron o benxamín Hugo Goiriz e a alevín Sabela Caneiro, que cruzaron a meta no porto de Curuxeiras en cuarta posición. Deste xeito, a Escola Javi Gómez Noya utilizou como test o Tríatlon de Menores de Ferrol antes do campionato galego de menores da próxima fin de semana. Fotos

Deja tu comentario