10.07.2016

Camila Alonso consegue na carreira a pé final o título de campioa galega de tríatlon olímpico

 As internacionais do Triatlón Ferrol Camila e Melina Alonso marcaron distancia coas súas rivais desde a natación para conseguir en Riveira ser campioa e subcampioa galegas de tríatlon olímpico, respectivamente. Nadando á par, a relevos nos 40 km de ciclismo e aumentando a marxe sobre as perseguidoras, Camila e Melina Alonso chegaron xuntas á segunda transición e non foi até as últimas voltas a pé cando Melina, en proceso de recuperación tras lesión, deixou ir a Camila para cruzar a meta en primeiro lugar. “Para min o mellor foi a carreira, é o meu mellor segmento e sentinme ben con vistas á Copa de Europa de Altafulla da semana que vén”, recoñeceu a menor das irmás do Triatlón Ferrol. En categoría masculina, Pablo Pedrosa apertou nos pelotóns de cabeza até que quedou atrás nunha subida e os perseguidores quedaban demasiado retrasados como para agardalos. O ferrolán tivo que rodar só pero, pese ao desgaste, foi 47º no campionato galego e sexto mellor junior. Só dous postos tras Pedrosa cruzou a meta José Rei-Seijo e o terceiro home do Triatlón Ferrol debido ás baixas, Jose Ferraces, sufriu unha caída no ciclismo cando se colocaba entre os mellores e viuse obrigado a retirarse. Fotos

Deja tu comentario