03.07.2016

Camila Alonso gáñalle ao sprint en Poio a Sara Guerrero e Melina Alonso

campioas por clubsO Club Triatlón Ferrol dominou o Tríatlon de Poio coas súas tres triatletas referentes en cabeza de comezo a fin. Sara Guerrero, Camila e Melina Alonso calcaron a Copa da Raíña que gañaron hai un mes en Pontevedra porque desde a natación, dándose relevos en bici e correndo á par a pé semellaron competir nunha contrarreloxo por A única diferenza entre elas marcouse no final da última volta de carreira onde Melina Alonso, volvendo tras lesión, deixou ir ás súas compañeiras. Nese punto, Sara Guerrero tentou adiantarse a Camila Alonso porque sabía que a ferrolá lle gañaría nun sprint e así foi. A sub-23 Camila Alonso, campioa Iberoamericana en tríatlon sprint, demostrou a súa potencia final para cruzar a meta primeira. Coa prata de Sara Guerrero e o bronce de Melina Alonso, o Triatlón Ferrol foi o indiscutible campión da proba por Na competición masculina, cun gran tempo de natación, Pablo Sanjurjo colocouse 84o da xeral. Mentres que o junior Pablo Pedrosa foi baixa de última hora por unhas décimas de febre que lle impedían participar. O Tríatlon Concello de Poio celebrouse este sábado en distancia sprint -750 m de natación, 20 km de bici e 5 km a pé-.

Deja tu comentario