Inés Santiago logra un sexto posto no Europeo de distancia sprint elite | Club Triatlón Ferrol
26.06.2016

Inés Santiago logra un sexto posto no Europeo de distancia sprint elite

Inés SantiagoNun novo campionato de Europa en distanciasprint, a Federación Española apostou pola xuventude na súa selección elite e Inés Santiago foi a mellor do equipo nacional cun sexto posto. Cunha boa natación, a junior do Triatlón Ferrol rodou nun pelotón dunhas vinte triatletas aguantando o ritmo das absolutas. “Foi unha bici dura porque había moitas arrincadas nos xiros e, como non estiveses ben colocada, sufrías ao tirar. Aí notei a falta de experiencia”, recoñeceu Inés Pero a ferrolá non se viu abaixo. Realizou a súa mellor T2, pegouse a boas corredoras e marcou o cuarto mellor parcial a pé para ser sétima da xeral e sexta no Europeo sprint elite. O campionato disputouse este domingo en Francia en 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Deja tu comentario