22.06.2016

David García entra no top-15 no tríatlon de longa distancia de As Pontes

David García colocouse como o mellor deportista do Triatlón Ferrol sendo 14o no Northwest Triman de As Pontes baixando das dez horas de competición. Despois de marcar o oitavo mellor parcial de natación, o cedeirés competiu con cabeza para non perder folgos até chegar á meta nun tempo de 9:57:59. Así, o absoluto do Triatlón Ferrol puido manterse no top-15 da clasificación xeral e ser oitavo no campionato galego de tríatlon de longa Remontando posicións tras a natación, Xurxo Gómez marcárase un tempo prudente no seu debut na distancia e rebaixouno en máis dunha hora finalizando 42o en 10:29:08. No seu cuarto ironman, Rubén López mellorou en case media hora a súa mellor marca e completou a proba pontesa en 11:30:06. Na proba de media distancia, o veterano Juanchi González liderou a expedición ferrolá acariñando o seu obxectivo marcado e facendo un 26o posto cun tempo de 4:43:04 na súa estrea nesta modalidade. Tras del, Gonzalo Jiménez e José Rey-Seijo foron quen de baixar das cinco horas de competición e Manuel Leirachá e Nacho Maceiras roldaron as cinco horas

Deja tu comentario