Iván Puentes, campión de España con Galicia | Club Triatlón Ferrol
19.06.2016

Iván Puentes, campión de España con Galicia

Iván Puentes -2º rapaz pola dereita- co ouroO triatleta da Escola Javi Gómez Noya, o cadete Iván Puentes, contribuíu ao título que conseguiu Galicia no campionato de España por autonomías. Aínda cun mal resultado no tríatlon individual do sábado, quedando como o cuarto mellor galego, Iván Puentes puido desquitarse na xornada do domingo formando parte do segundo relevo galego e recibindo a confianza dos técnicos para ser o último relevista do seu equipo. Cun segundo posto no tríatlon por seleccións e sendo terceiros no relevo mixto, Galicia colgouse o ouro en Aguilar de Camppo cun representante do Triatlón Ferrol.

Deja tu comentario