Camila Alonso sofre correndo e remata 36a no Europeo sub-23 | Club Triatlón Ferrol
19.06.2016

Camila Alonso sofre correndo e remata 36a no Europeo sub-23

Aínda que a redución de distancia olímpica a sprint pola calor lle beneficiaba, Camila Alonso non puido render ao mellor nivel posible no campionato de Europa sub-23.Problemas de ril condicionaron á internacional do Triatlón Ferrol, porén os seus tempos de natación e ciclismo mantiñan a Camila Alonso entre os primeiros pelotóns. Foi na carreira a pé onde tivo que baixar o ritmo e finalmente aguantou para cruzar a meta en 36a posición.

Deja tu comentario