21.05.2016

Campioas Copa da Raíña

DSC_8339 Coa dúbida de se Melina Alonso podería correr por unha lesión de cadeira, o Triatlón Ferrol comezou a Copa da Raíña de tríatlon marcando o segundo mellor tempo de natación. Xa metidas en competición, Melina Alonso decidiu arriscar e o equipo deixou atrás a Paula Herrero. Pese a sufrir Camila Alonso unha picada na bici perdendo case un minuto, o Triatlón Ferrol comezou a correr con opcións de todo. Forzando até o final, o conxunto que incluíu a Sara Guerrero e Ana Carvajal completou a súa particular contrarreloxo como as máis rápidas por tan só 4 segundos de diferenza coas subcampioas. “Que Melina se involucrase tanto co equipo aínda con molestias tivo a gran recompensa de alzar a ansiada Copa, pero estiveron encomiables da primeira á última”, valorou Cali Formoso, presidente do Triatlón Ferrol. Con ese título no peto, o club ferrolán afrontou o campionato de España por relevos con Sara Guerrero primeiro, que sufriu algún forte golpe na natación, Ana Carvajal despois, adiantando posicións desde a natación, e como última relevista unha Camila Alonso que se meteu no top-3 da proba na auga e así puido aguantar até cruzar a meta para colgarse o bronce.

Nas probas escolares, o Triatlón Ferrol quedou a menos de 20 segundos do bronce en relevos cunha gran remontada final de Iván Puentes e o equipo contrarreloxo entrou co sétimo mellor tempo do campionato de España. Fotos

Deja tu comentario