17.05.2016

David García acariña a clasificación para o campionato galego co Triatlón Ferrol

O Club Triatlón Ferrol masculino conseguiu en Riazor ser sexto na primeira proba do circuíto galego. Os tempos de Edu Saavedra, José Rey-Seijo e David García deixaron ao club a só 4 minutos do top-5. Foi precisamente David García o mellor da representación ferrolá en A Coruña conseguindo ser 19o e, ao haber 16 prazas para os galegos e entrar dous triatletas de Asturias e Castela e León entre os mellores, por só seis segundos o deportista do Triatlón Ferrol non puido conseguir a praza para o campionato galego. Arteixo, Poio, Lugo e tamén Ferrol serán as próximas sedes clasificatorias para a cita autonómica.Na proba popular, a Escola Javi Gómez Noya destacou cun cuarto posto de  Carmen Jiménez, bronce en categoría infantil, e coa novena praza da xeral de Jesús Rodríguez, prata entre os cadetes. O Tríatlon de Riazor celebrouse este martes coincidindo co Día das Letras Galegas en distancia sprint -750 m de natación, 20 km de bici e 5 km a pé-e minisprint no tríatlon popular. Fotos

Deja tu comentario