15.05.2016

Ouro junior feminino e top-5 cadete masculino para o Triatlón Ferrol no campionato de España

En junior, o dominio das rapazas foi total ao asinar a ferrolá Inés Santiago o subcampionato de España de tríatlon, Carmen Gómez o bronce, Ana Carvajal, o cuarto posto e a naronesa Sara Guerrero, o quinto. Con  semellantes resultados, o título por equipos non tivo dúbida e foi para o Triatlón Ferrol. En categoría masculina, pola súa banda, Marcos Ruiz -32º-    e Pablo Pedrosa -49º- non puideron puntuar por equipos ao ter que retirarse por dor nos xemelgos Dani Santalla. En ácuatlon, Santiago e Gómez foron baixa para non forzar das súas molestias e iso aproveitouno Ana Carvajal para subir ao podio colgándose o bronce e Sara Guerrero, sexta. Con fame de revancha, o fenés Marcos Ruiz entrou no top-15 sendo 14º En cadete, Iván Puentes liderou ao Triatlón Ferrol para ser quintos por equipos en tríatlon, xunto a Juan Rejas e Dani Ríos. En elite, Paula Herrero cumpriu cun 24o posto en tríatlon –décima en categoría sub-23- e 17º en ácuatlon, situándose como a mellor do Triatlón Ferrol porque Camila Alonso, cando ía ben posicionada en bici, sufriu unha caída que lle impediu rematar o tríatlon da xornada do sábado. O campionato de España de tríatlon sprint disputouse este sábado con 750 m de natación, 21 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé. O título en ácuatlon decidiuse o domingo con 1.000 m de natación e 5 km a pé. Fotos

Deja tu comentario