14.05.2016

Miriam Casillas: “co cansa que estaba, máis que contenta con pechar a clasificación olímpica”

Miriam 2Cun 23º posto nas Series Mundiais de Yokohama, Miriam Casillas evitou que as súas perseguidoras na clasificación olímpica puidesen sobrepasala e así asegurou a súa praza Rodando no amplo pelotón líder, con máis de 40 triatletas, a internacional do Triatlón Ferrol tivo que facer un gran esforzo final no 10.000 a pé para confirmar que España contará co máximo de triatletas posibles nos “Co cansa que estaba xa, máis que contenta coa proba e con pechar a clasificación olímpica”, recoñece Miriam Casillas tras un intenso sprint final para subir posicións no ranking olímpico. O cinco veces campión do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, ferrolán como o club de Miriam Casillas, tivo palabras para o éxito da pacense: “felicidades por esa clasificación olímpica, máis que merecida despois destes últimos dous anos loitando carreira tras carreira, dando voltas ao mundo. Celébrao, recupera e a por todas en Rio”. “É un feito histórico para o Club Triatlón Ferrol, o comezo para un club cada vez máis grande e que medra da man de Javi Gómez Noya”, presume o presidente do club, Cali Formoso. A cita olímpica de Miriam Casillas, o próximo 20 de agosto.

Deja tu comentario