24.04.2016

Top-5 en relevos e top-10 por equipos, o botín da Escola Javi Gómez Noya en Soria

Escola Javi Gómez Noya en SoriaA canteira do Triatlón Ferrol demostrou manterse entre as mellores escolas a nivel nacional ao conseguir un quinto posto no campionato de España de dúatlon por relevos e unha novena posición na contrarreloxo por equipos. A Escola Javi Gómez Noya colocouse como o mellor equipo galego por relevos grazas ao traballo de Juan Rejas e Yago Suárez, sempre mantendo ao Triatlón Ferrol no top-10 e con Iván Puentes remontando na última posta ata ser quintos.No campionato de España de dúatlon por equipos, os ferroláns botaron en falta a Abel Suárez pero, aínda coa súa baixa por lesión, situáronse novenos. Tirando dende o principio, Jesús Rodríguez deixou correr aos seus compañeiros e, empurrando de Dani Ríos, os protagonistas do relevo, Iván Puentes, Yago Suárez e Juan Rejas, cruzaron a só 2 minutos dos postos de podio. O campionato de España de dúatlon por equipos en idade escolar disputouse en formato contrarreloxo cos duatletas xuntos en todo momento percorrendo 2,5 km de carreira a pé, 10 km de ciclismo e 1,25 O título de dúatlon de relevos xógase con cada un dos tres duatletas do equipo cubrindo de forma individual un rápido circuíto de 2 km de carreira, 5,3 km de bici e 1 km final a pé.

Deja tu comentario