16.04.2016

Copa do Mundo de Chengdu

Sétima praza para Miriam Casillas na Copa do Mundo de Chengdu. A internacional do Triatlón Ferrol mantén a terceira praza olímpica para España unha semana máis. Enganchando o grupo de cabeza mediado o ciclismo, Miriam Casillas puido demostrar a súa calidade a pé para ser sétima na Copa do Mundo de Chengdu. A estremeña do Triatlón Ferrol chegou á primeira transición no pelotón perseguidor e, antes de terminar os 40 km de bici, conseguiu dar caza ás líderes.  Así chegaron 30 triatletas ao sector final a pé onde Miriam Casillas non acusou a falta de descanso entre competicións e rematou até cruzar a meta en sétima posición. A Copa do Mundo de Chengdu disputouse este sábado en distancia olímpica de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé.

Deja tu comentario