10.04.2016

Camila Alonso acada o quinto posto na Copa de Europa de Melilla

A ferrolá Camila Alonso fixo un top-5 na Copade Europa de Melilla, o que lle serve para resarcirse do seu resultado en A internacional do Triatlón Ferrol recoñece que as medallas se escaparon no ciclismo. “Tiven que perder posicións na primeira transición porque foi malísima. Así que tiven que tirar en bici sen poder alcanzar o primeiro grupo con catro escapadas”, recoñece Camila Alonso despois de ser a mellor do seu grupo para cruzar a meta quinta. No seu debut internacional, a sub-23 Paula Herrero quedou sen poder completar a proba ao ser dobrada no ciclismo e ser, polo tanto, eliminada En junior, unha xornada dura deixou na metade da táboa a Ana Carvajal, 13a, e a naronesa Sara Guerrero, 15a. Mentres, o fenés Marcos Ruiz foi quen de coller o grupo dianteiro no sector ciclista e correu até ser 22o.

Deja tu comentario