03.04.2016

Un quinto posto na Copa do Mundo de New Plymouth mantén as esperanzas de Miriam Casillas

A Miriam Casillas (1)internacional do Triatlón Ferrol Miriam Casillas deu un paso de xigante para conseguir a praza olímpica ao ser quinta na Copa do Mundo de New Plymouth. A triatleta estremeña xogouse o bronce até o final grazas a unha boa natación, unha perfecta primeira transición, a súa colocación intelixente en bicicleta e o seu potencial a pé. “Ao baixarme a correr pasou o ‘avión’ Jorgensen e, con Hewitt, foise soa. Na última volta marcharon Kasper e Rabie e eu puiden gañarlle ao sprint a Kretz”, relata Miriam Casillas. Na Copa de Europa de Quarteira, a natación lastrou a Camila Alonso quen, aínda facendo uns bos segmentos de ciclismo e carreira, acabou sendo 33ª. Pola súa banda, a maior das Alonso, Melina, decidiu non competir en Portugal a causa dunha lesión de cadeira. A Copa do Mundo de New Plymouth celebrouse este domingo en distancia sprint -750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km a pé-, mentres que na versión olímpica, no dobre de distancia, disputouse a Copa de Europa de Quarteira.

Deja tu comentario