03.04.2016

Prata para Carmen mentras a Escola Javi Gómez Noya reivindícase sendo sexta en cadete masculino no campionato de España

O Triatlón Ferrol volve do campionato de España de dúatlon en Cerdanyola coa medalla de prata de Carmen Gómez en junior e co sexto posto do equipo cadete masculino. Xogándose o título na liña de meta e mermada porla lesión de nocello, Carmen Gómez foi o referente do Triatlón Ferrol en todo momento. Tras dela, debutando en categoría junior, Ana Carvajal entrou no top-10 cun oitavo posto. A participación do equipo junior non foi completa ao ter que retirarse a naronesa Sara Guerrero porque, cando ía entre as duatletas de cabeza en bici, sufriu unha picada que non lle permitiu continuar. O junior masculino Marcos Ruiz , cunha lista de saída de nivel na proba,  acadou o 37º posto  e Pablo Pedrosa o 49º Daniel Santalla rematou un pouco máis retrasado mentras Javi Veiga tivo que retirarse por problemas físiscos a consecuencia dunha lesión. En cadete, a Escola Javi Gómez Noya colocouse como o segundo mellor equipo galego ao ser sexta grazas aos tempos de Iván Puentes, Abel Fuentes e Yago Suárez. Completaron a participacíón cadete Dani Ríos, Juan Rejas, Carlos Pedrosa e Iker Pita. En feminino Raquel Ruiz e Emma Romeo foron as representantes da Escola Javi Gómez Noya no Nacional. Tamén estreándose na categoría, Paula Herrero acadou un meritorio 61º lugar na proba elite, sendo o seu primeiro ano de sub-23. E con praza para o Mundial de Dúatlon da categoría de 40-44 anos, Manuel Leirachá conseguiu a clasificación cunha 13ª posición. Fotos

Deja tu comentario