26.03.2016

Juanchi González no Dúatlon de Vigo consegue a praza para o campionato galego

Cun 28º posto no Dúatlon Cidade de Vigo, Juanchi González clasifícase para o campionato galego e serán sete os duatletas do Triatlón Ferrol con Emma Romeo, Sara Guerrero, Pablo Pedrosa, Iván Puentes, Marcos Ruiz e David Arias. A só tres posicións de conseguir meterse entre os clasificados quedou Edu Saavedra, menos de 30 segundos por detrás de Juanchi González, en 31º lugar. A participación ferrolá completouse con Marcos Caneiro -37º-, Carlos Cándano -40º e bronce sub-23-, Xurxo Gómez -58º- e Alberto Caneiro – 63º, xa que José Rey-Seijo se viu obrigado a abandonar. O Dúatlon Cidade de Vigo disputouse esta fin de semana en distancia sprint de 5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km a pé.

Deja tu comentario