20.03.2016

Sara Guerrero, subcampioa no Dúatlon de Arteixo

Sara GuerreroXunto a Sara Guerrero, Marcos Ruiz e David Arias conseguiron praza para o campionato galego. Ferrol, 21 de marzo de 2016.- Coa baixa de última hora de Camila Alonso por enfermidade, Sara Guerrero converteuse na referencia do Triatlón Ferrol e anon defraudou ao ser segunda da xeral e mellor junior. Coa internacional Joselyn Brea escapada, Sara Guerrero tivo que manter o ritmo en solitario, cun sector de bici sen colaboración e endurecido polo frío. Así marcou os segundos mellores parciais nos tres segmento, correndo o primeiro 5.000 en 18:38. Na proba masculina, Marcos Ruiz e David Arias metéronse entre os 18 clasificados para o campionato galego da proba. O cadete entrou no top- 15 e o veterano foi vixésimo. Grazas aos seus tempos e o 37º posto de Marcos Caneiro, o Triatlón Ferrol colocouse como quinto mellor club. No Dúatlon Popular de Arteixo, a Escola Javi Gómez Noya amosou o seu potencial ante absolutos cos triunfos sen discusión dos cadetes Emma Romeo e Iván Puentes e con Iker Pita 21º na proba de distancia minisprint. Resultados

Deja tu comentario