05.03.2016

Primeiros puntos internacionais para Miriam Casillas sendo 37ª en Abu Dhabi

Miriam Casillas (1)A internacional do Triatlón Ferrol marcou o décimo mellor parcial a pé entre as mellores do mundo.A loita por conseguir que España teña unha terceira praza olímpica e que sexa para Miriam Casillas deu un paso máis cara adiante co 37º posto da internacional do Triatlón Ferrol nas Series Mundiais de Abu Dhabi A triatleta de Badajoz mantívose regular no primeiro segmento a nado, espremeuse o xusto nos grupos perseguidores durante o ciclismo e sacou toda a súa forza a pé. Baixando dos 36 minutos nos 10 km de carreira, Miriam Casillas certificou o décimo mellor parcial a pé e finalizou 37ª. Co seu resultado e coa confirmación de que a súa compañeira do Triatlón Ferrol, Tamara Gómez, sofre unha lesión máis grave do previsto e perde as opcións de clasificación olímpica, o obxectivo de Miriam Casillas agora é unicamente seguir subindo no ranking para darlle a España a terceira praza olímpica. As Series Mundiais de Abu Dhabi celebráronse sobre distancia olímpica de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira.

Deja tu comentario