Top-15 para o Triatlón Ferrol no campionato galego de dúatlon contrarreloxo
Sobrevivindo a chuvia e frío, os duatletas do Triatlón Ferrol conseguiron ser 14º no campionato galego de dúatlon contrarreloxo. O junior Pablo Pedrosa, o sub-23 Carlos Cándano e os veteranos Juanchi González e Álvaro García traballaron xuntos, en carreira e durante o ciclismo, para cruzar a meta cun tempo que serve para mellorar o 13º posto que acadara o club en 2015. O equipo B, formado por José Ferraces, Xurxo García, José Rey-Seijo, Juan Díaz y Jesús Bayón, conseguiron facerse co posto 31
Deja tu comentario