20.02.2016

O Triatlón Ferrol consegue ser sexto no campionato de España de dúatlon de Promoción

 O Triatlón Ferrol fixo valer a súa mestura de xuventude e madureza para puntuar cos seus dez duatletas e ser sextos no campionato de España de dúatlon por clubs de Promoción, 3º galego. Na categoría que daba acceso directo á Segunda División para os dous mellores clubs, David Arias, Manuel Leirachá, Juanchi González, Carlos Cándano, Álvaro García e os canteiráns Pablo Pedrosa, Javi Veiga e Iván Puentes correron até baixar dunha hora de competición e darlle valiosos puntos ao equipo. Xunto a eles, José Ferraces, en 1:00:10, e Juan Rejas, substituto de última hora de Abel Fuentes, en 1:01:33, completaron o máximo de 10 duatletas puntuando para o club. Deste xeito, primando o grupo, o Triatlón Ferrol alzouse até a quinta praza do campionato de España de dúatlon por clubs de Boiro. O campionato de España de Dúatlon por Clubs en categoría de Promoción desenvolveuse en distancia sprint –de 5 km de carreira a pé, 19 km de ciclismo e 2,5 km de carreira-. Fotos

Deja tu comentario