14.02.2016

Camila Alonso eríxese campioa Iberoamericana de tríatlon sprint en La Habana

A ferrolá Camila Alonso impúxose no campionato Iberoamericano de tríatlon distancia sprint nunha vitoria que decidiu nos últimos metros da carreira ante a canadense Alexandra. A internacional do Triatlón Ferrol foi a elixida pola Federación Española como a única representante en categoría feminina e, este domingo en La Habana, Camila Alonso confirmou o acertado da aposta. A vixente subcampioa de España de tríatlon sprint amosou o seu nivel ante rivais costarricenses, cubanas, arxentinas, ecuatorianas, Con este triunfo, colócase nunha posición que lle permitirá disputar Copas O Iberoamericano de La Habana disputouse nun circuíto de 750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Deja tu comentario