13.02.2016

Duatlón de Guitiriz

Xunto á cadete da Escola Javi Gómez Noya, o junior Pablo Pedrosa completou o número de clasificados para o campionato galego. O Triatlón Ferrol arrincou a tempada de dúatlon en Guitiriz cun podio por parte de Emma Romeo e cun 15o posto de Pablo Pedrosa, resultados que lles dan a ámbolos dous o pase ao campionato galego de abril. Remontando até o final, a cadete Emma Romeo colleu a cabeza de carreira no ciclismo e, cun esforzo final a pé, adiantou ás súas rivais para cruzar a meta en terceiro lugar. O bronce conseguido pola canteirá da Escola Javi Gómez Noya dalle praza para o campionato galego absoluto. Na competición masculina, o junior Pablo Pedrosa demostrou de novo que pode competir contra deportistas con maior experiencia e, cun dos mellores parciais de ciclismo, rematou en 15a posición, entrando entre os 18 duatletas que se clasifican para o campionato galego e sendo subcampión da proba na súa categoría. Co tempo de Pablo Pedrosa, sumado aos resultados de Juanchi González – 28º- e Manuel Leirachá -31º-, o Triatlón Ferrol finalizou como o 7º mellor club do Dúatlon de Guitiriz. Ao mesmo tempo, o club ferrolán contou con Marcos Caneiro -37-, David Arias -42-, Carlos Cándano -44-, Álvaro García -45-, José Rey-Seijo -73-, Xurxo Gómez -79-, Manu Pita -82-, Pablo Sanjurjo -87-, Luis Rilo -93- e Alberto Caneiro, que non puido finalizar por superar por poucos minutos o tempo establecido para rematar o segmento de bici na proba clasificatoria para o campionato galego. O Dúatlon Concello de Guitiriz desenvolveuse en distancia sprint -5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira-. Clasificacións Fotos

Deja tu comentario