31.01.2016

Unha picada en bici deixa fóra do Panamericano olímpico a Camila Alonso

Unha picada en bicicleta obrigou a Camila Alonso a abandonar no campionato Panamericano de distancia olímpica que hoxe se celebrou na cidade mexicana de Mérida. Lastrada xa na natación, probablemente pola intensa carga de traballo feita en pretemporada, un problema mecánico no quilómetro 20 deixou fóra de carreira á internacional do Triatlón Ferrol. Agora, Camila Alonso poderá desquitarse da retirada de México facendo un bo papel no Panamericano na súa modalidade predilecta, na distancia sprint. A cidade cubana de La Habana acollerá a competición internacional En Mérida, o campionato Panamericano de tríatlon olímpico desenvolveuse sobre 1.500 metros de natación sen neopreno, 37 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé.

Deja tu comentario