17.01.2016

A Escola Javi Gómez Noya cólgase once medallas no Nada e Corre de Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya clasificou este domingo a 16 deportistas no Nada e Corre de Ferrol que dá praza para o campionato galego da modalidade. Na Malata, a suma dos tempos de natación en piscina e carreira en pista de atletismo deu como resultado que once canteiráns do Triatlón Ferrol acadasen medalla, o club con máis metais da xornada. Os prebenxamíns Aitana Correira e André Ordiales, as benxamíns Julia Maneiras e Rebeca Teijeiro, os alevíns Alejandro Rodríguez, Rubén Morado, Carlota Teijeiro e Lucía Santalla, os infantís Carmen Jiménez e Roi Dopico e a cadete Raquel Ruiz subiron ao podio. A maiores, os cuartos clasificados tamén conseguían pasar á final galega na proba organizada por Club Triatlón Ferrol. Fotos

Deja tu comentario