16.01.2011

Carrera San Xiao

Unha vez máis, as carreiras populares fan reunir a boa parte do Club. A pesar de que como Club pasamos desapercibidos  por non ter uniformidade de atletismo, cousa que se ten que solucionar, facémonos notar. Péquelos como sempre, uns correndo polo seu Club ou polo seu Cole e outros polo Tríatlon, fixérono moi ben. Parece que a preparación que están a recibir vai por bo camiño cara aos dúatlons que empezan xa en febreiro. Seguro que o adestrador tomou nota para seguir coa planificación. Jaime   motivado pola presenza dos seus pupilos, fixo un carrerón. Ao Presi unha gripe non lle impide correr. O resto,Tom, Jose, Rafa , Javichín, que chegaron antes que Jaime, aínda o fixeron mellor. Tamén estaban Coke, Roberto, Alberto Santalla demostrando o seu bo estado de forma.

Fotos Resultados maiores

Deixa o teu comentario