03.04.2010

Clasificatorio Cto. España Duatlón (Xixón)

Ata Xixón foron 4 valentes representando ó Club no Clasificatorio do Cto. de España de Duatlón, Chema en élite, David, Andrés Cupeiro e Jaime  en grupos. resultados
En élite que dicir, é unha proba onde corren «os mellores» -non son moitos- e gañan case sempre os mesmos, pero entre eles tiñamos a Chema que fixo un carrerón rematando décimoterceiro, pero que ante os pura sangue que tiña por diante creo que é de matrícula de honra a súa posición.
En grupos xa foi outra historia: 3 xamelgos na liña de saída, un deles, David, con «problemillas no xeonllo» non puido remata-la proba a pesar de leva-las cintitas de cores que tan de moda puxeron algúns fisios -quedábanlle moi ben-. Andrés, un crack, rematando 2º na súa categoría xa vos podedes imaxinar a este chavalín de 60 anos… Tomade nota algúns das súas gañas. E Jaime de 16 no seu grupo…, pero si, foi unha viaxe moi bonita.
Sobre o percorrido dicir que estivo ben, pouco esixente, pero con moita rotonda que se chovese converteríase iso nun Vietnam.
(Crónica Jaime Ruiz)

Unha resposta a “ Clasificatorio Cto. España Duatlón (Xixón)"”

Cristobal Rodriguez
abril 3rd, 2010
20:46

Carrerón del chema si señor, y los demas muy bien, y Andres jolines quien como el y esa edad enhorabuena a todos.

 

Deixa o teu comentario